Comezan os concertos do Galegote Rock

63

Esta noite continúa a programación do Galegote Rock, un ciclo de concertos de bandas galegas organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística que busca achegar a música de calidade en galego ao público habitual dos concertos ao vivo en salas comerciais, así como promocionar os grupos profesionais de ámbito local que cantan na nosa lingua.
Esta noite, no Pequeno Karma, a partir das 22.00 horas actuará Roger de flor e o marqués das vinhas.
(http://www.myspace.com/rogerdeflorhttp://www.youtube.com/watch?v=dE9wzHt-uWY). De balde
Os concertos desta fin de semana serán:
• Venres 12 de abril, concertos na Sala Karma 22.00h Terbutalina (http://terbutalina.bandcamp.com/) e Martelo (http://martelorock.com/martelorock/M_A_R_T_E_L_O/M_A_R_T_E_L_O.html) e Foxy Freire (http://www.foxyfreire.es/)
• Sábado 13 abril, concertos na Sala Karma 22.30h Ataque escampe (http://www.ataqueescampe.org/) e Fervellasverzas (http://www.myspace.com/osfervellasverzasrock)

A organización prevé os seguintes abonos:
• Presentación + concertos: 12€
• Todos os concertos: 8€
• Festa presentación: 5€
• Entrada por día: 6€ (só á venda os días dos concertos).

Os puntos de venda dos abonos e das entradas son www.ticketea.com <http://www.ticketea.com/> No Pequeño Karma, de martes a sábado de 20.00 h ata o peche Na tenda Rei Zentolo de Pontevedra. Máis información en http://www.facebook.com/GalegoteRock