“El tipo de al lado”

67

Lugar: Centro Social Novagaixagalia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 24 €. Entradas á venda en www.servinova.com

Obra baseada no best-sell mundial da escritora sueca Katarina Mazetti.

Que pinta unha intelectual urbana nunha granxa? E un granxeiro de provincias na ópera?  A moza viúva Laura (Marivel Verdú) e o torpe granxeiro Pablo (Antonio Molero) séntense sós. Introvertida e intelectual ela. Rústico e franco el. Coñécense no pouco propicio marco dun cemiterio visitando as tumbas dos seus seres queridos. Un simple sorriso fai saltar a faísca entre eles. Pero a realidade cotiá irrumpira no seu mundo para destacar, creando unhas situacións tan inverosímiles como divertidas, todas as diferenzas que hai entre os dous.

Un auténtico tratado sobre as diferenzas sociais e culturais entre os seres humanos.