Poxa de arte galego moderno e contemporáneo

67

Galería About Art. Rúa Pasantería, 9

Horario: de martes a venres, de 11 a 14 e de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h.

Aberto o prazo de presentación de obras de arte galego, moderno e contemporáneo, para a poxa que terá lugar na Sala Nauta do Porto Deportivo de Sanxenxo o día10 de agosto, en colaboración coa AECC.

A exposición previa de tódolos lotes, do 6 ao 10 de agosto, permitirá as persoas interesadas estudalos con detemento. Unha magnífica ocasión para adquirir arte galega de autores tan recoñecidos como Luis Seoane, Isaac Díaz Pardo, Ricardo Segura Torrella ou Laxeiro, entre outros.

A empresa About Art organiza este evento en colaboración coa Xunta Local do Salnés e coa Asociación Española Contra o Cancro, a quen About Art destinará parte dos seus beneficios.

As persoas interesadas en vender obras de arte para esta ocasión, poden solicitalo antes do 31 de maio, por vía telefónica no 986 167 209, no correo electrónico galeria@aboutart.es, ou dirixíndose á Galería About Art, na rúa Pasantería, 9 de Pontevedra.