Inicio do trámite de negociación de mutuos acordos destinados á adquisición dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de urbanización do vial da rede arterial, novo acceso sur N-550, desdobramento da Aveninda de Vigo, aprobado definitivamente pola Xunta de Goberno de 11/03/2013

156

INICIO DO TRÁMITE DE NEGOCIACIÓN DE MUTUOS ACORDOS DESTINADOS Á ADQUISICIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO VIAL DA REDE ARTERIAL, NOVO ACCESO SUR N-550, DESDOBRAMENTO DA AVDA. DE VIGO APROBADO DEFINITIVAMENTE POLA XUNTA DE GOBERNO DE 11/03/2013.

En data 11/03/2013, a Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra, acordou, entre outros pronunciamentos, prestar aprobación con carácter definitivo, ao Proxecto de urbanización do vial de nova apertura para o desdobramento da Avenida de Vigo, denominado “Rede arterial novo acceso Sur N-550”, promovido polo Concello de Pontevedra, en desenvolvemento do PXOU e do “Convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a racionalización e mellora da rede de estradas do Estado no municipio de Pontevedra” de 24/04/2009 e addenda asinada o 23/11/2012, sendo o instrumento técnico aprobado o subscrito pola entidade “Plans estratéxicos Territoriais de Transporte e Ambientais” (PETTRA, SL) de data setembro de 2011, e redactado polos enxeñeiros Camiños, Canles e Portos don Santiago N. López Fontán e don Ignacio Teijeiro Calvo.

Téndose acadado xa avinzas ou mutuos acordos con algún dos propietarios/as afectados/as polo proxecto referido, por medio do presente, dase por iniciado formalmente o expediente para tentar conveniar, por avinza ou mutuo acordo previo, a adquisición totalidade dos restantes bens e dereitos afectados polo referido expediente expropiatorio, o que se fai público para xeral coñecemento e con notificación individual aos interesados, que figuren como propietarios ou titulares de dereitos reais das parcelas afectadas, do inicio do presente trámite de avinza ou mutuo acordo previo ao respecto do prezo xusto dos bens e dereitos a expropiar por mor da execución do proxecto de urbanización referido.

No caso de que no prazo de quince días contados a partir da notificación individual non se chegase a acordo, seguirase o procedemento que se establece na lexislación reguladora do instituto da expropiación e urbanística de aplicación, consonte ao establecido no artigo 24 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa e concordantes do seu Regulamento.

A información sobre a superficie afectada e valoración dos bens e dereitos afectados e prezos xustos ofrecidos, poderá ser coñecida polos/as interesados/as en horario de oficina, de luns a venres, nas dependencias da Dirección Xeral da Área de Urbanismo e Servizos Xerais do Concello de Pontevedra, sitas no 3º andar do edificio administrativo da rúa Michelena núm. 30 ou nas dependencias do Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico, sitas na rúa Churruchaos núm. 2, baixo.

Pontevedra, 19 de abril do 2013.

O Concelleiro de Goberno responsable da Área de Ordenación do Territorio.

Asdo.- Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo.