A piques de rematar a conexión de Sobral, ao saneamento de Santo André de Xeve

71

O Concello de Pontevedra está a executar o saneamento no lugar de Couso, na parroquia de Santo André de Xeve que permitirá conectar arredor de 30 vivendas unifamiliares do lugar. O concelleiro delegado da parroquia, Miguel Filgueira visitou esta mañá os traballos que permitirán darlle unha solución ao saneamento de Sobral, feito dende un tempo, e que non se puido conectar até agora á rede xeral.
Cabe lembrar que no ano 2006, as fortes riadas do Lérez deixaron inutilizada a rede xeral de saneamento que estaba anclada na ribeira do río. Hai uns anos, o Concello viuse na obriga de retirar estas canalizacións e replantear a rede xeral na parroquia de Santo André de Xeve, e ao tempo, dar unha solución á rede de alcantarillado do lugar de Sobral, que estaba feita pero non se podía conectar á xeral porque non existía.
Debido á súa situación orográfica, o Concello tivo que instalar un bombeo para levar as augas fecais de Sobral á canalización xeral da parroquia que se instalou pola estrada xeral de Campo Lameiro. Na actualidade xa está instalado o bombeo e está a rematarse a obra cara a estrada xeral. Será en breve cando se poidan conectar  á rede de saneamento todas as casas de Sobral e tamén polas que pasa este novo alcantarillado até conectar coa xeral, arredor de 30 vivendas.