Completado o saneamento e executadas melloras no lugar de Mourente

70

O Concello de Pontevedra rematou nestes días as obras de saneamento e mellora no lugar de Mourente, na parroquia do mesmo nome. O alcalde e o concelleiro delegado da parroquia, Miguel Filgueira visitan esta tarde estes traballos, que permiten ir completando o saneamento nesta parroquia ademais de recuperar un cruceiro do lugar.
Os traballos de alcantarillado permitiron dar servizo a este núcleo de vivendas, e ao tempo acometer melloras de asfaltado, canalización de augas pluviais e sumidoiros en toda a zona. Ademais, tamén se recuperou e púxose en valor o cruceiro de lugar facendo un pequeno axardinamento no espazo no que se atopa.
O alcalde e o concelleiro estarán acompañados de veciños do lugar e de representantes da asociación de veciños, na súa visita ás obras.