Pontevedra recibe a visita de Montemor-o-Velho

97

O Concello de Pontevedra recibiu a visita dunha representación da Câmara de Montemor-o-Velho, co seu vicepresidente ao fronte, Abel Girao. Chegaron onte pola tarde, para facer unha visita guiada polo centro histórico acompañados polo concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, e esta mañá tiveron unha reunión cos técnicos municipais para coñecer os detalles do modelo de cidade.

O alcalde tivo unha comparecencia pública co vicepresidente Abel Girao quen explicou que viñeran a Pontevedra a coñecer os sitema de mobilidade no centro histórico para aprender e poder levalo a Montemor que é un concello eminentemente rural cuns 26.000 habitantes, pero cun centro histórico importante e un castelo. 

O vicepresidente de Montemor-o-Velho deulle os parabéns a Fernández Lores polo seu coraxe e a súa idea "e por este traballo magnífico que nos deu moitas ideas para introducir no noso concello".