Parabéns ás bandas pontevedresas elexidas para o I Concurso SonRías Baixas

68

A Concellaría de Xuventude quere felicitar ás bandas de música de Pontevedra que obtiveron o respaldo do público na organización do I Concurso SonRías Baixas, do concello de Bueu. Son bandas moi ligadas ao Local de música de Pontevedra e a vida musical da cidade, participantes directamente na dinamización sociocultural da cidade.
As bandas pontevedresas elexidas polo público foron Qué Desilusión!, La4pared, Malkeda e Vortex.