Pontevedra baixa a 33 días o pago a proveedores

53

O Pleno municipal do vindeiro luns, 27 de maio, tomará conta do informe de tesourería e intervención sobre o pago de obrigas municipais (proveedores). Segundo informou esta mañá o portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González no primeiro trimestre de 2013 pagáronse 7.630.000 euros en facturas. O período medio de pago é de 33,54 días e a media de pago fóra de prazo é de 15 días. Explicou Raimundo González que "o Concello de Pontevedra paga, que nos tempos que corren é algo excepcional" e é un claro síntoma "da boa saúde situación económica e financieira do Concello".

Pontevedra é a cidade con menos débeda de Galiza, e ocupa o posto 47 das 52 capitais de provincias de España.