Lugar: Teatro Principal
Hora: 20 h.
Entrada libre ata completar aforo.
Estrea de “A fazaña da liberdade”, documental que reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936), coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento. O documental está elaborado a partir dos testemuños de persoas que coñeceron directamente ou foron testemuñas da obra do ilustre galeguista.
Proxección organizada pola Fundación Alexandre Bóveda e Filmika Galaika.