“Os cantares das musas”, a cargo de Sarabela Teatro

32

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 6€. Entradas á venda en www.servinova.com

O grupo de teatro Sarabela presenta "Os cantares das musas", basada na obra de Rosalía de Castro e baixo a dirección de Ángeles Cuña. Un actor e catro actrices encarnarán a moitas persoaxes; interactuarán transformándose, multiplicándose, exercendo funcións simbólicas esenciais e provocando emocións de alta intensidade. A obra está dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda, e interpretada por Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Sabela Gago e Elena Seijo.