Unha nova forma de atención xeriátrica

70

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores coñeceu esta mañá o proxecto Saraiba senior, un proxecto seleccionado pola plataforma Momentum projec de ámbito social para implantar en Pontevedra co obxectivo de habilitar apartamentos para persoas da terceira idade que vivirían independentes pero disporían -nos baixos do edificio- dun centro de día (tamén aberto ao resto da cidadanía) que atendería as súas necesidades.

Este proxecto foi presentado polos responsables do Centro Saraiba de Pontevedra, Lucía Saborido e Ricardo Fra, que explicaron que Saraiba leva implantada en Pontevedra dez anos, e dende o 2008 tamén en Marín. Este verán abrirá un centro de día en Combarro.

Aproveitaron esta visita para presentarlle ao alcalde a próxima celebración en Pontevedra do Congreso galego de xeriatría e xerontoloxía para maio de 2014, que reunirá en Pontevedra a uns 300 profesionais do sector.