“A escola tropeza coa adopción”, charla-coloquio a cargo de Margarita Muñiz Aguilar

61

Lugar: Casa Azul

Hora: 12 h.

Charla-coloquio a cargo de Margarita Muñiz Aguilar, conferenciante e escritora, é directora e editora da revista “Familia y Adopción” e autora do libro: “Cuando l@s niñ@s no vienen de París”.

Intentará abordar as estratexias que poden empregar as familias para axudar aos seus fillos a desenvolver habilidades cognitivas, a través das actividades cotiás.

A charla terá lugar na Sala Valdecorvos, 2º piso da Casa Azul (r/ Sor Lucía, 2 Pontevedra).

A entrada é libre e gratuíta e disporase de servizo de ludoteca. Para os menores de tres anos rógase enviar un correo a manaia@manaia.es confirmando asistencia, co fin de contar co persoal adecuado.