Ruralactivo presenta a diagnose colectiva realizada coa veciñanza

46

O programa Ruralactivo, para a dinamización socioeconómica de Xeve convoca a un cuarto Faladoiro que terá lugar o vindeiro xoves, 20 de xuño, no Centro Cultural de Santa María de Xeve, con dúas partes diferenciadas:

  • Ás 19.30 horas reunirase a veciñanza das parroquias de Santo André, Santa María de Xeve e Verducido para falar sobre a versión final do documento de diagnose colectiva.
  • Ás 20.30 horas realizarase a presentación aos medios e á cidadanía do documento de diagnose colectiva, o cal serve de base para a posta en marcha en outubro da Escola de Coñecementos. Esta presentación estará acompañada dunha mostra de produtos agroecolóxicos galegos e de experiencias e iniciativas relacionadas coas ideas que xurdiron nos faladoiros.

Ruralactivo, programa promovido polo concello de Pontevedra, realizou xa outros tres faladoiros coa veciñanza de Santo André, Santa María de Xeve e Verducido aos que asistiron unha media de 20 persoas. Neles, traballouse na identificación do patrimonio local (material e inmaterial) e na xeración de ideas para o seu aproveitamento desde un punto de vista económico.
Os faladoiros son unha peza chave A información xerada polos asistentes a estes encontros foi compilada e serviu de guía para planificar a seguinte fase do proxecto: a Escola de Coñecementos, que a partir de outubro dará resposta ás necesidades e intereses formativos das persoas participantes ademais de axudar a levar adiante iniciativas de autoemprego.