O Concello inviste 150.000 euros en tres anos na recuperación de cruceiros

38

A Concellaría de Patrimonio Histórico investirá nos vindeiros tres anos 150.000 euros na recuperación de 30 cruceiros do concello. Segundo explicou esta mañá o concelleiro delegado, Luís Bará o obxectivo deste denominado Plan de cruceiros é a conservación, restauración, protección, limpeza e divulgación de cruceiros de máis de cen anos e, algúns, declarados Ben de Interese Cultural.
Moitos destes cruceiros atópanse en estado de precariedade, deterioro debido a problemas como:
• Emprazamento: tráfico rodado, falta de protección, alteración da base por obras ou movemento de terras, falta de limpeza do contorno…
• Actuacións inadecuadas no contorno: construcións, cableado…
• Agresións por reparacións inadecuadas: uso de ferro, cemento…
• Desaparición de pezas ou partes do cruceiro

Esta situación obriga distintos tipos de actuacións:
• Inmediatas
o Restauración de cruceiros destruidos por accidentes: impacto de vehículos, temporais… Nalgúns casos estudarase a reubicación nas proximidades e a creación dun perímetro de protección para unha mellor protección do tráfico rodado.
o Protección e consolidación de cruceiros en mal estado ou que teñen risco de desplome
o Consolidación da base ou do terreo no que están asentados os cruceiros
o Limpeza do contorno dos cruceiros
o Actuacións en ámbitos de especial interese:  Camiño Portugués, centro histórico
• Medio prazo
o Protección do contorno: cableados e outras intrusións visuais
o Sinalización informativa
o Divulgación e dinamización: publicacións e actividades
Segundo explicou esta mañá Luís Bará, as previsións da Concellaría para 2013 é investir 50.000 euros en distintas fases:
1. Labor de documentación, estudo, avaliación de actuacións: xaneiro a xuño
2. Localización e traslado a dependencias municipais de pezas de cruceiros deteriorados ou destrozado
3. Consulta á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre tipo de actuacións de protección
4. Restauración, conservación e limpeza: segundo semestre de 2013

Neste ano 2013, actuarase nos seguintes cruceiros:
• Campañó: Cruceiro de Casaldomendo.
• Santa María de Xeve: Cruceiro de Gatomorto de Arriba, e Cruceiro de Gatomorto de Abaixo.
• Alba: Cruceiro de Reiriz e dous cruceiros no camiño de Ponte Cabas á Ferreira (Lérez)
• Salcedo: Cruceiro de Covas
• Mourente: Cruceiro de San Amaro.