Aprobado o proceso de expropiación forzosa para o desdobramento da avenida de Vigo

71

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o inicio do proceso de expropiación forzosa por taxación conxunta do novo desdobramento da avenida de Vigo. Trátase dunha superficie total de 7.923 metros cadrados que están valorados polo Concello en 1.368.409,32 euros. Co inicio deste expediente, o Concello dá por pechado o proceso de avinza aberto nos últimos meses con todos aqueles particulares que quixeron chegar a un acordo coa administración para a adquisición dos terreos.
Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González unha vez publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) haberá un prazo de 30 días para que os particulares afectados presenten as súas alegacións ou reclamacións. Rematado ese período o Concello contestará estas alegacións, coa previsión de que o proceso de pago e a ocupación dos terreos estea rematado a finais de ano.
O Concello xa son propiedade municipal 13 parcelas, e neste novo proceso expropiatorio entran outras 10 con superficie moi variable, dende a finca número 15 con 4.810 metros até a máis pequena, a número 7, de 28,86 metros cadrados.