Máis de 240.000 euros para iniciar a rehabilitación da rúa da Gándara

68

. A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación a Construccións Crespo da obra de pavimentación e renovación de servizos no camiño da Gándara (primeira fase) por 241.370,80 euros.
O investimento servirá para facer unha rehabilitación estructural de todo o firme nunha superfice de 233 metros lineais. Na actualidade, as dificiencias que existen na rúa son tan importantes que o seu mantemento resulta costoso, polo que os técnicos municipais apostan pola súa rehabilitación.
Tamén está previsto unha nova rede de abastecemento e de saneamento, con separativa de pluviais que irá acompañada de sumidoiros e todos os elementos necesarios desta rede. A obra rematará cunha nova sinalización horizontal e vertical neste tramo da rúa proxectado.
A rehabilitación estrutural ten por obxecto non só restaurar e mellorar as características superficiais do pavimento, senón tamén conformar e reforzar a superestructura que soporta o tráfico e a actividade que se desenvolve na rúa da Gándara, que é lugar de paso cara a Xunqueira de Alba e próximo ao Camiño portugués.