“El manual de la buena esposa”

74

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 21 €. Entradas á venda en www.servinova.com

"El manual de la buena esposa" é unha comedia que fala, fundamentalmente, sobre a muller española e os tempos que lle tocou vivir dende 1934 ata 1977.

Pero tamén fala das relacións matrimoniais, a educación, o deporte, a invasión das suecas, a relixión, a censura, a radio, a sexualidade e ata dos coros e danzas.

O humor permite falar de temas moi serios e iso é o que nos propuxemos con esta obra.

As tres actrices convértense en distintos personaxes para representar eses modos de vida pertencentes a un pasado próximo. Serán nenas; tamén mozos que aspiran a un posto na Sección feminina, ou aplicados esposas que buscan a felicidade do cónxuxe; ou transtresoras das normas establecidad en materia de relixión ou sexo. Son inxenuas, decididas, pelexonas, concienciadas e donas dos seus actos. En definitiva, mulleres de carne e óso que viven detrás dun ideal, aínda que ás veces se lles cuestione.