“Tempo de mulleres”

71

Lugar: Pazo da Cultura. Salón de actos e seminarios 1-8

Hora: de 09 a 16:35 h.

Prezo: 10 €. Inscricións no teléfono 902 636 139 ou completando o formulario que atoparás en www.visit-pontevedra.com

Tempo de Mulleres é o espazo para mulleres que buscan desenvolverse e crecer persoal e profesionalmente que puxo en marcha Mascuota, unha organización especializada en eventos de empresas e motivación. Nel participará Carmen Mellina, responsable da EEC na Zona Norte, quen será unha das ponentes neste encontro.

A xornada contará co seu propio speech room para que as asistentas poidan contar o seu negocio a outras mulleres. As charlas e conferencias están repartidas entre os seguintes bloques temáticos: motivación, talento e área de networking.