Probas de selección de músicos da BMP

37

A Banda de Música de Pontevedra convoca probas de selección de músicos para cubrir as seguintes vacantes: 2 clarinetes sib, 1 clarinete baixo, 1 fagot, 2 trompa, 1 trombón tenor e 1 trombón baixo. É necesario estar en posesión do primeiro curso do segundo ciclo de grao profesional (3º de grao profesional, medio ou equivalentes) ou cursos superiores.

A data límite de presentación de instancias será o 23 de setembro. As probas de selección desenvolveranse os días 5, 6, 12 e 13 de outubro, no Auditorio do Conservatorio Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra.

Todos aqueles músicos que superen as probas de selección pasarán a formar parte da Banda de Música de Pontevedra. Estas persoas establecerán, mediante aceptación explícita, unha relación contractual coa agrupación que consistirá na percepción de até un máximo de 223 €, repartidos en oito altas mensuais no réxime pertinente da Seguridade Social. Pasarán un período de proba de un ano, tras os que a asemblea de socios decidirá prorrogar.

+info. en www.bandamusicapontevedra.org