Lugar: Illa do Covo
Hora: 12 h.
"Na punta do pé" é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un espectáculo que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera publicada pola editorial Kalandraka. “Aínda que moitos de vós non movérades nunca un pé, iso non é problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma sinxela os pasos de baile de cada un dos temas para depois bailalos todos xuntos”.
Organiza: Pazo da Cultura.