Ponteatro: “Eurozone”, de Grupo Chévere

61

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Prezo: 8,00 € – Estudantes, parados e xubilados: 4,00 €. A todos os prezos hai que lle sumar os gastos de tramitación: Venda telefónica 0,95 € – Venda por internet: 0,80 €.

Abono para todas as funcións: 42 €. Abono para todas as funcións estudantes, parados e xubilados: 28 €.

As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Entradas á venda no 902 504 500 e en www.servinova.com

Ciclo de teatro "Ponteatro".

Representación de “Eurozone” de Grupo Chévere.

Unha farsa teatral sobre a crise da zona euro que fala sobre o fin da idea de Europa tal e como a entendemos ata agora, un auténtico pastiche no que se mesturan as referencias directas a Reservoir Dogs (a mítica primeira pelicula de Tarantino), coa linguaxe da publicidade, dos casinos online, os bailes de salón e o argot económico que asulaga as nosas vidas.