Volven os Concertos en familia!

40

O concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou esta mañá, acompañada do Presidente da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Ignacio García, a que é xa a 4ª edición dos “Concertos en Familia”. Un proxecto que “achega a música aos nenos/as dende moi curta idade e que, dado o seu éxito e a súa boa acollida, consolidouse dentro do programa de outono do Pazo da Cultura.

Contos e historias (non sempre para nenos/as pero si adaptadas a eles) cobran vida para facer gozar ás familias e especialmente ao “complicado público infatil”, xa que como destaca Igancio da OFCP coa que o Concelle colabora en números espectáculos “son un público moi difícil, xa que eles non teñen reparo algún en amosar a súa disconformidade se o espectáculo non lles gusta. Hai que manter o seu interese durante preto de 50 minutos e para iso e necesario xogar cos cambios de ritmo, axudarse de audiovisuais, etc para darle máis dinamismo”.

Durante os domingos 13, 20 e 27 de outubro, nenos e pais poderán gozar xuntos dun conto musicado, unha ópera e un concerto para bebés. A primeira das actuacións terá lugar no Teatro Principal, mentres que as dúas seguintes terán como escenario o Pazo da Cultura. Haberá unha única sesión por espectáculo ás 18:30 horas, a excepción do concerto para bebés de Paulo Lameiro, que ao ter aforo máis limitado, contará ademais con dúas sesións matinais ás 11:00 e ás 12:30 horas.

 

As entradas estarán á venda en www.servinova.com e 902 504 500 dende hoxe mesmo, a un prezo de 5€ (3 € para menores, estudantes, parados e xubilados) e na billeteira do Teatro Principal (1h. antes) ou do Pazo da Cultura (2h. antes) do inicio do espectáculo no caso de non esgotarse. O concerto para bebés, con aforo limitado a 70 prazas, venderase únicamente en pack de 1 adulto + 1 bebé a un prezo de 12€.                             
(Gastos xestión non incluídos)

Os centros escolares poderán asistir á ópera I´l cirque d´amore nun pase concertado o día 28 ás 11:30 horas.

DOMINGO 13 OUTUBRO 
“Cyrano” da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.

18:30 – Teatro Principal: A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra coa colaboración do actor Alfonso Rivera e a posta en escena de Eufasio Lucena (ambos profesores da Escola Superior de Arte Dramática), darán vida a este conto musicado baseado no drama “Cyrano de Bergerac”, de Edmond Rostand.
En clave de humor e tenrura, a historia ten como protagonista a un home que tiña unha nariz enorme e estaba namorado da súa curmá Roxana, mais non se atrevía a lle dicir nada porque se sentía moi feo. Christian era un mozo moi bonito que tamén estaba namorado de Roxana, pero tampouco se atrevía a lle dicir nada porque era moi parvo. Cyrano, que tamén era poeta, axudou a Christian a que declarara o seu amor a Roxana. Christian morreu na guerra e Roxana choroulle durante toda a súa vida, ata que descubriu, pouco antes da norte de Cyrano, que el era o seu verdadeiro amor

 

DOMINGO 20 OUTUBRO
“I’l cirque d´amore (ópera) de Butterfly Ensemble & Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

18:30 – Pazo da Cultura: Un espectáculo moi especial para gozar en familia, xa que é a primeira ópera infantil en galego e que somente contará con acompañamento musical ao vivo en Pontevedra, da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Recomendado para nenos/as de a partir de 3/4 anos, ten unha duración de 50 minutos.  Contará ao día seguinte cun pase concertado con centros escolares ás 11:30 horas.
Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ría dela… Coa axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Fígaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. ¿Pero… conseguirá Micaela ser feliz? Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas, damos forma a Il Cirque d´Amore, onde un pianista, un barítono, e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

DOMINGO 27 OUTUBRO 
“Concerto para bebés” de Paulo Lameiro.

11:00, 12:00 e 18:30 – Pazo da Cultura: Una experiencia inigualable conducida polo músico portugués Paulo Lameiro na que os bebés se abren por primeira vez á música nun ambiente moi especial, entre almofadas de cores, sons novos e chamativos para eles, acompañados da animación que invita á permanente participación e interactuación entre país e bebés. Un coidado espectáculo polo que recibíu recentemente en Alermania o premio YEAH (YOUNG EARopean Award) na categoría de innovación.