A conexión do desdobramento da avenida de Vigo coa estación de autobuses pendente da Xunta

70

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera adiantou esta mañá que o Concello de Pontevedra está á espera de que a Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio decida si se inclúe a construcción dunha ponte que una o novo desdobramento da avenida de Vigo coa estación de autobuses.

O Concello ofreceulle á Consellería a posibilidade de incluír esta ponte dentro das melloras do proxecto de construcción do desdobramento da avenida de Vigo. Esta ponte permitirá desconxestionar de xeito importante a avenida da Estación ao ter un acceso directo dende o novo desdobramento até a estación de autobuses, tanto de entrada como de saída.

A demora na decisión da Xunta retrasa a licitación do proxecto de desdobramento da avenida de Vigo que o concelleiro non quere demorar máis alá de finais de ano ou primeiros de 2014.