Comezan as obras de saneamento no lugar de Vilaverde, en Mourente

53

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Miguel Filgueira manterá esta tarde, no colexio de Vilaverde, unha reunión cos veciños de Vilaverde para informarlles sobre as obras de saneamento que comezarán no lugar a vindeira semana. Trátase dunha obra que ten un orzamento de máis 100.000 euros que permitirá completar o saneamento de Vilaverde, que estaba parcialmente executado, e tamén se aproveitará para solucionar un problema de pluviais ao canalizar as augas da chuvia e tamén reurbanizar a contorna.
A obra ten un prazo de execución de dous meses.