A Aula Castelao de Filosofía cambia a súa directiva

81

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá á nova directiva da Aula Castelao de Filosofía que está coordinada por Ana Regueira, e que ten na súa equipa a Mercedes Moreno ou Montse Arén, entre outros.
A directiva quixo agradecer ao alcalde o apoio que o Concello dá á Aula e as súas actividades, especialmente na organización da Semana Galega de Filosofía, e anunciou que a cita do vindeiro ano será entre o 21 e o 25 de abril.
A directiva anunciou que a convocatoria da Aula segue en pé a pesares da dificultosa situación económica, á que non é allea a Semana.