Rematada a actuación en Lourizán, e inician as obras no cemiterio civil de San Amaro

49

O Concello de Pontevedra rematou nestes días os traballos de mellora do cemiterio parroquial de Lourizán, onde se refixo unha das rúas do camposanto que se atopaba en moi malas condicións.
Elimináronse os problemas máis graves de accesibilidade do espazo, dado que os nichos estaban a distinto nivel entre eles e en relación á rúa. Tamén se canalizaron as augas pluviais, e repúxose todo o enlousado. O investimento foi de 17.000 euros e era moi demandado polos veciños.
Por outro lado, a Concellaría delegada dos cemiterios, que xestiona Carmen Fouces inicia nestes días traballos de xardinería e albañilería para mellorar o ornato do cemiterio civil de San Amaro.
A intervención estará rematada para o día de Todos os Santos, 1 de novembro, e pretende devolverlle a dignidade que debera ter este espazo, situado dentro do cemiterio de San Amaro.