Esta tarde abrese ao tránsito peonil o primeiro tramo de Benito Corbal

33

As obras de peonalización da rúa Benito Corbal, no treito entre Sagasta e Cobián Roffignac-Daniel de la Sota van a moi bo ritmo.
O concelleiro responsábel das obras, Luís Bará mantivo esta mañá contactos cos técnicos municipais e a empresa para abordar a situación da obra e os seus ritmos. Resulta evidente que a obra está executada en máis do 80%, polo que a previsión é que poida estar rematada a mediados de novembro.
O primeiro tramo abrirase ao tránsito peonil esta mesma tarde, xa que a obra está nesta zona practicamente rematada (a falta dalgún pequeno detalle).
Ademais, o resto de tramos irán abrindo gradualmente a partir do luns e durante os vindeiros días, en función do desenvolvemento dos traballos. Hai que ter en conta que unha vez rematada a colocación do lastro, é preciso que transcurran tres días para que seque o lechado.