Continúa a Operación asfalto en Loureiro Crespo onde se mellora a seguranza viaria

31

O Concello de Pontevedra continúa nestes días coa “Operación asfalto” iniciada logo do verán. Son traballos de conservación e mantemento de distintas rúas do centro urbano para reparar pavimentos en mal estado, que se van deteriorando co paso do tempo.
Nestes días acométese a reparación de distintos tramos de Loureiro Crespo. A primeiros de semana xa se realizou o tramo entre a rotonda de Doce de novembro e Casimiro Gómez, e hoxe comezouse no tramo entre Doce de novembro e Rodríguez Seoane (até o barrio dos Salgueiriños), que rematará mañá. Logo colocarase toda a sinalización horizontal e pintarase a vertical.
Esta actuación ten un custe de 54.000 euros e servirá para mellorar a seguranza viaria nos pasos de peóns ao instalar orellas e  sinalización horizontal (porque ao ter as beirarrúas moi baixas non é posible facer lombos), e tamén a eliminar barreiras nas rúas transversais Ernesto Caballeiro e Forcarei. Tamén está previsto instalar unha zona de servizos entre as rúas Forcarei e Amor Ruibal.
Dentro da Operación asfalto xa mellorou Eduardo Pondal, a glorieta de Alexandre Bóveda, a avenida de Bos Aires, diante do pavillón universitario, Conde Bugallal, Germán Adrio ou a Santiña, no barrio do Burgo. Aínda están pendentes algunhas intervencións en Enrique Marescot ou Prudencio Landín, e o investimento previsto nesta primeira fase é de 500.000 euros