Froiz e Viaqua, patrocinadores do Pazo

46

O alcalde de Pontevedra e presidente do Pazo da Cultura, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a José Manuel Álvarez Gil (Distribuciones Froiz) e Enrique Font Martínez (Viaqua, anteriormente Aquagest). Ambos asistiron en calidade de representantes dos patrocinadores do organismo autónomo para asinar o convenio de colaboración para o ano  2013.

O acordo alcanzado nesta reunión entre oPazo da Cultura, Distribuciones Froiz, S.A, Viaquaqua e outra entidade que non quixo facer pública a súa colaboración,  ascende a un total de 14.010,12 € (2.000€ menos que o ano anterior), aportando cada unha delas tada 8.000€, 3.005,06€ e 3.005,06 respectivamente.

Miguel Anxo Fernández aproveitou a ocasión para manifestar o seu agradecemento ás empresas, que permitirá xunto ao esforzo salientable por parte da xerencia do OO.AA. Pazo da Cultura, se poida manter a programación cultural e congresual atractiva que dinamiza a cidade cun presuposto cada ano máis  axustado. Tras a reducción da aportación realizada pola Deputación de Pontevedra e a fusión das caixas, na actualidade o presuposto do Pazo é de 1.150.000 €