“En paralelo. Noites de literatura e cine”

62

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Hora: 20 h.

A participación é libre e gratuíta ata completar aforo.

Proxección da película “El molino y la cruz”, (Lech Majewki, 2011), dentro do ciclo “En paralelo. Noites de literatura e cine”.

A película inspírase na obra "Cristo cargando a cruz" do pintor flamenco Pieter Brueghel “O Vello”. Elixíronse doce personaxes do cadro e as súas historias combináronse cos avatares da creación da tea. Majewski pintou os decorados e utilizouse o último en técnicas dixitais para incorporar os actores ao mundo de Brueghel.