“O príncipe e o parrulo” de Eme2. Ciclo Domingos do Principal

26

Lugar: Teatro Principal.

Hora: Dobre función. Ás 12 h. e ás 18:30 h.

Prezo: 4 € por persoa e función (gastos de tramitación incluidos). Billeteira aberta 2 horas antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no 902 504 500 ou en www.servinova.com

Espectáculo de monicreques e actores da compañia Eme2, dirixido a nenos a partir dos 3 anos.

Esta é unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. Pero esta pequena historia fala de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar. Decátanse que non hai nada tan grande coma un amigo.