Ciclo Imperdibles. Fanfarlo + Lilies On Mars

34

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Venda de anticipada de entradas en www.ticketea.com e www.servinova.com ou no teléfono 902 504500 a un prezo de 18 € (+ gastos de tramitación). O mesmo día do concerto dúas horas antes na billeteira a 22 €.

Fanfarlo é unha das grandes revelacións musicais saídas do Reino Unido durante os últimos dez anos. Un quinteto que empurra as guitarras convecionais cara a periferia e cede o paso a un folk-pop orquestrado e luminiscente, calificado como a mellor resposta europea a Arcade Fire.

O su terceiro disco "Let's Go Extinct", que verá a luz a finais de xaneiro de 2014 e será presentado no Pazo da Cultura de Pontevedra o 15 de febrero,  retorna ao espírito do seu debut e reconecta coa esencia do Young Americans de David Bowie, nunha especie, tal vez, de agradecemento tras os grandes piropos que este lles leva adicado.

 

Haberá que chegar con tempo ao Pazo, porque antes do seu concerto poderemos ver a Lilies On Mars, un dúo londiniense composto polas multiinstrumentistas Lisa Maia e Marina Cristofalo. Unha interesante proposta de halo retrofuturista e dream pop con oscilacións psicodélicas.