“Magia Potagia” de Juan Tamariz

61

Lugar: Centro Social Fundación Novacaixagalicia.

Hora: 20:30 h.

Prezo: dende 13,50 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 ou en www.servinova.com

Este espectáculo de Juan Tamariz é unha sesión de maxia que ten unha duración total de dúas horas, cun intermedio de 12 minutos. Titúlase “Magia Potagia” indicando así as súas dúas características de maxia e humor, ou mellor, maxia e alegría.

O mago ofrecerá os mellores números da súa carreira, cargados de humor, telepatía e improvisación. As achegas de Tarai á arte e a historia da Maxia corrobórano como un mestre do xénero.

Está dirixido ao público adulto aínda que non hai problema en que acudan nenos/as maiores de 10 anos.