“Sopa de sapo”. Talía Teatro

47

Lugar: Pazo da Cultura.

Hora: 18:30 h.

Prezo: 3 € (+gastos de tramitación). Entradas á venda no 902 504 500  e en www.servinova.com

Talía Teatro porá en encena a obra “Sopa de sapo”. A avoa e a mamá están a preparar a cea, que cociñarán?, pregúntase a pequena bruxa. Achégase á pota e berra: Noonn!! Outra vez sopa de sapo!, todos os días sopa de sapo!. Ben sabes pequena, que para ser unha boa bruxa… ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada, non hai como comer a diario sopa de sapo.

Autor e director: Artur Trillo.

Intérpretes: Marta Ríos, Diego Rey e María Ordóñez.

Destinado a público a partir de 6 anos. Duración 50 minutos.