Aberto o prazo de inscrición para as bandas que queran participar no 15 bolos

42

A Concellaría de Xuventude e o Local de música abriron estes días o prazo de inscrición para todas as bandas de Pontevedra que queiran aspirar a participar no 15 bolos, que volverá a desenvolverse durante as festas do verán.
O 15 bolos ten o obxectivo de dignificar a música que se fai en Pontevedra, segundo o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez que esta mañá presentou a convocatoria que rematará o vindeiro 30 de abril. De feito, o xurado seleccionador reunirase o 2 de maio, para trasladar as propostas á Concellaría de Festas que é a que finalmente escolle os grupos que tocarán nas distintas prazas do centro histórico, así como o grupo que fai de teloneiro dun dos concertos da semana grande de festas na praza de España.

Para máis información:
https://localdemusicapontevedra.nos.gl