“Apostolado Galaico”. Un proxecto de Xosé Enrique Acuña.

59

Lugar: Facultade de Belas Artes. Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra. R/ Maestranza, 2.

Horario: de luns a venres, de 12 a 14 h. e de 19 a 21 h.

Unha edulcorada visión de Galicia foi transmitida entre as décadas dos 60 e 70 por medio dunhas imaxes fotográficas idealizadas e manipuladas, impresas nas populares tarxetas postais.

Mostrábase mediante elas a un país inexistente, extraído dunha arcadia tópica e ben distante da dura realidade daqueles días.