Exposición fotográfica da Ponte da Barca

63

Esta recompilación de fotos antigas sobre a Ponte da Barca débese á colaboración de socios e directivos da Asociación de Veciños San Roque, onde se observarán detalles, como a descarga do barro para A Caeira, barcos de vela antigos, tráfico na Ponte, paso do tren, etc.

Acto aberto ao público interesado. Pódese concertar cita para a visita, chamando ao teléfono da Asociación 986 845 112, en horario de tarde. Horario de visita: de 16:30 a 21:00 h. no local da Trav. Irmáns Pazó Montes, 2.