“Aires Tropicales”. Música cubana de concerto

63

Lugar: Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

Hora: 20 h.

Entrada gratuíta, con invitación.

Unha mistura de jazz e música cubana, melódica e emotiva, a cargo de Luis Felipe Fernández (saxofón), Mario Grau (piano) e Serafín Carballo (guittarra). Sobre o escenario tamén estará a formación "Aires Tropicales", un proxecto de Paquito D’ Rivera e o Quinteto Cimarrón, integrado na súa totalidade por músicos cubanos afincados en Galicia.

As invitacións pódense recoller na sede social do Casino Mercantil e Industrial (Praza de Curros Enríquez, s/n) e na oficina do Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra (Rúa San Xulián, 19).