Parques inicia traballos de mantemento e reparación en 32 parques infantís do Concello

62

O Concello de Pontevedra inicia esta próxima semana un plan de mantemento e reparación en 32 parques infantís e áreas de adultos do municipio, tanto nas zonas urbanas como nas rurais. Son traballos habituais de mantemento en moitos casos para ter as instalacións en perfecto estado de uso na primavera e no verán. Ademais, aproveitarase para facer substitucións de algúns elementos obsoletos ou deteriorados polo uso, reparar danos do duro inverno pasado, completar áreas nas que poida faltar algún xogo, e tamén se airearán os espazos que teñen firme de area ou pedra.
O investimento total para todo este plan é de 61.151,38 euros.
A Concellaría de Parques que xestiona Anxos Riveiro acordou iniciar estes traballos a próxima semana, e prolongaranse durante un mes, aproximadamente.
Neste Plan está previsto actuar en:
• Mollavao cun orzamento de 466,27 euros.
• Praceres (938,29 €).
• Zona deportiva dos Praceres (3.345,65€)
• Tomeza (707,37€)
• A Seta-Campolongo (1.202,07€)
• Barcelos-areneiro (464,64€)
• Campo da Torre (1.593,39€)
• Pontemuíños (568,88€)
• Xulgados (90,93€)
• Rúa Portugal- Monte Porreiro (831,57€)
• Biosaudábel de Monte Porreiro (113,44€)
• Rúa Irlanda – Monte Porreiro (233,53€)
• Miradoiro Monte Porreiro-Parte alta (1.398€)
• Miradoiro Monte Porreiro-Parte baixa (3.499,93€)
• Rúa Bélxica –Monte Porreiro (6.771,16€)
• Zona deportiva – Monte Porreiro (3.499,93€)
• Praza das Regas (672,03 €)
• Urbanización Corvorana (1.049,52€)
• Cidade de pedra (2.767,88 €)
• Praza dos Soutos – A Parda (799,02 €)
• Praia de Ponte Sampaio (2.902,79 €)
• Vilar – Ponte Sampaio (1.687,65 €)
• O Peto – Acevedo –Ponte Sampaio (963,58€)
• Marcón (5.674,60 €)
• Estribela (2.313,16€)
• Barcelos (1.235,83€)
• Luís Otero (1.496,93€)
• Maruxa Maio (5.152,66€)
• Ponte Bolera (2.002,79€)
• Gaiteiro Ricardo Portela (1.701,47€)
• Reino Unido – Monte Porreiro (4.692,44€)
• Campañó (313,63€)

Hai algúns parques infantís na cidade e nas parroquias do rural que non entran dentro deste plan, ben porque son parques recentes e en bo estado de conservación (parque de Santo André de Xeve, Verducido, A Illa…), ben porque está previsto algún replantexamento de certas áreas.