Arizona Baby + Gold&Colt. Primeira presentación do festival “Surfing the Lérez”

69

Lugar: Sala Karma.

Hora: 22 h. Apertura de portas ás 21:30 h.

Prezo. 10 € (anticipada) á venda en Rei Zentolo Pontevedra, El Pequeño Karma e Ticketea | 14 € (billeteira)

Primeira presentación do festival "Surfing the Lérez" que se celebrará o sábado 14 de xuño na Illa das Esculturas.

O dúo vallisolitano Arizona Baby estará en Sala karma para presentarnos "It is called work" e novas cancións que aparecerán no seu próximo LP que se publicará ao final de verán.

"It is called work": De castigo divino a forza de liberación social, o traballo marcou sempre a actividade humana. Agora, nestes tempos onde máis que castigo o traballo é un milagre, Arizona Baby quere recordar o legado das vellas cancións de traballo americanas de mediados do Século XX.

Abrirá o concerto como banda invitada o grupo de blues Gold&Colt.