Programa de formación para a mocidade, “Pisando Forte”

41

Cursos do programa de formación para a mocidade, “Pisando Forte”, organizado pola Concellería de Xuventude de Pontevedra. Dirixidos prioritariamente a mozos e mozas de 16 a 35 en desemprego e residentes no concello de Pontevedra, para acadar as competencias que faciliten a súa incorporación no mercado laboral.

Inscricións a partir do 1 de setembro, na Oficina de Xuventude, de luns a venres, de 09 a 14 h. Casa Azul, rúa Sor Lucía 2, 3º – Pontevedra. Teléfono 986 100 185 Extensión 7491/2 e a través da web www.xuventude.pontevedra.eu

• CURSO BÁSICO DE INFORMÁTICA E COMPETENCIA DIXITAL. Coñecementos básicos e xerais de informática e internet… Os martes e xoves, do 23 de setembro ao 23 de outubro, de 17 a 20 h.

• TENDA ON LINE. O QUE TI FAS PÓDELO VENDER (PRESTASHOP). Neste obradoiro, ademais de saber como construir un web o espazo para vender, transmitiranse nocións sobre comercio electrónico. 15, 17, 19, 22, 24 de setembro, de 17 a 20 h.

• OBRADOIRO DE COACHING PARA DESCUBRIR E ACADAR AS MIÑAS METAS PROFESIONAIS. Descubrir as potencialidades, recursos, necesidades e áreas de mellora persoais para a inserción laboral. Requisito: ter participado nalgunha das accións formativas do programa Pisando Forte deste ano. 15 e 29 de setembro, 13 e 27 de outubro, de 16 a 20 h.

• INICIACIÓN Á LINGUA DE SIGNOS. Curso dirixido a capacitar ao alumnado na comprensión e manexo da lingua de signos. De martes a venres, do 16 setembro ao 1 outubro, de 18 a 21 h.

• MONITOR DE COMEDOR ESCOLAR (inclúe manipulación de alimentos). Formación de profesionais que supervisen e atendan a escolares no tempo de comedor en centros educativos. 3, 6, 9, 10, 13, 16, 17, 20, 23 e 24 de outubro, de 17 a 20 h.

• PODO XOGAR EU? ADAPTACIÓN DE XOGOS DE TEMPO LIBRE Á DISCAPACIDADE. Complemento formativo e ampliación do curso de monitor de tempo libre e de titulacións como ciclo sup. en Educación Infantil, grao Educación Infantil ou Primaria, Psicoloxía, etc. 10, 13 e 14 novembro, de 17 a 21 h.

• DIRECTOR ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO LIBRE. Debido á demanda existente de ofertas de emprego neste eido, faise necesaria unha formación destas características para afianzar a formación de profesionais do tempo libre. Outubro e novembro: os venres de 16 a 21 h., sábados de 10 a 14 h. e de 16 a 21 h. e domingos de 10 a 14 h., agás o 28 e 30 de novembro. Cota: 200 €.