600.000 euros para tres vehículos do servizo de bombeiros

58

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá destinar unha partida de 600.000 euros para a compra de novos vehículos para o Servizo de extinción de incendios do Concello. Ao tratarse de vehículos moi especializados con equipamentos moi singulares os orzamentos son moi elevados.

A contía para adquirir un furgón de apoio é de 72.479 euros; un camión de rescate por 119.000 euros; e un camión auto-bomba por 400.000 euros.

O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que se trata dun investimento importantísimo nos tempos que corren, pero imprescindíbel para ter un servizo de bombeiros competitivo e eficaz.