O Concello pide ás xuntas de montes que presenten ofertas para a planta de compost

66

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera informou esta mañá que o Concello xa está enviando comunicacións ás comunidades de montes de Pontevedra e dos concellos colindantes para que presenten ofertas de terreos para situar a nova planta de compostaxe. Indicou que deste xeito estase a efectivizar o acordo  plenario deste mesmo luns.
As comunidades de montes de Pontevedra son 19, e as dos concellos lindantes outras tantas. Estáselles a remitir o acordo plenario para que presenten oficialmente, por escrito, e a partir da publicación no BOP do acordo plenario as súas ofertas. Este prazo estará aberto durante dous meses.
Mosquera indicou que a petición mínima de terreos será duns 20.000 metros cadrados, “pero confiamos en poder chegar a 40.000 ou 45.000 metros cadrados”.
Os terreos deberán ter unhas condicións mínimas:
• Non pode ter excesiva pendente
• A comunicación viaria debe ser doada, de tal xeito que ha de estar preto dunha vía ou que se poida acceder a unha vía con facilidade.
• Non teña problemas para dotalo de servizos (auga, saneamento, gas, luz…)