Tesouros do tempo, o catálogo do patrimonio municipal no web

73

tesourosdotempo.pontevedra.eu

O Concello de Pontevedra dispón dende hoxe unha nova páxina web para a divulgación do patrimonio cultural de Pontevedra, tanto o urbano como o rural. "Trátase dunha fiestra para entrar no mundo do patrimonio cultural de Pontevedra, especialmente para o non urbano", explicaba Luís Bará, concelleiro de Patrimonio histórico e responsábel da promoción da páxina.

A páxina web está dividida en tres seccións: catálogo, rutas e novas; e recolle arredor de 500 bens. Luís Bará recoñeceu que esta páxina está nacendo polo que o catálogo está incompleto dado que no avance do Plan Xeral aparecen máis de 800 bens rexistrados "e día a día están aparecendo novas cousas, especialmente no eido do patrimonio etnográfico. Pero a páxina tesourosdotempo.pontevedra.eu trátase dunha "web participativa aberta a todos aqueles que queiran achegar e ampliar os fondos", expilcaba Luís Bará.