“Blondy´s Coffe”

65

Lugar: Teatro Principal

Hora: 21 h.

Entradas anticipadas á venda en www.servinova.es ao prezo de 8 € (5 € para estudantes, parados e xubilados) e no caso de non esgotarse, o mesmo día do espectáculo 1 hora antes na billeteira do Teatro Principal.

A compañía Entremáns presenta este espectáculo de danza no que dúas mulleres sumidas no tedio refúxianse en estraños pasatempos en busca de novas emocións que lles devolvan a súa propia natureza, un hábitat onde encontrarse elas mesmas coas súas miserias e as súas grandezas… unha viaxe polo labirinto da mente feminina.

Se a vida é un xogo e do teu estás farto… na pel de quen gardas as túas lembranzas? Dirixido, creado e interpretado por Kirenia Celia Martínez e Beatriz Pérez. Espectáculo incluído dentro do programa Pontevedra Escénica.