O pleno tratará a petición dos policías locais de xubilarse aos 60 anos

84

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá á Plataforma galega para o anticipo da idade de xubilación das policías locais, na que están representadas CC.OO, UGT, CIG, CISF, AXEMPOL, e CSL e COP. Os representantes sindicais reclaman á aplicación dos coeficientes redutores na idade de xubilación aos membros dos corpos de policías locais, e tamén o recoñecemento da profesión policial de risco e a redacción dun catálogo de enfermidades profesionais.
Aínda que se trata dunha competencia de ámbito estatal, o alcalde comprometeuse a levar unha moción ao vindeiro pleno no sentido que reclama a plataforma.
A plataforma pide que se poidan asimilar a outros corpos Ertzaintza, á Policía Nacional e a Garda Civil.
Os representantes sindicais agradeceron o alcalde de Pontevedra o seu apoio, e resaltaron que foran o primeiro alcalde de Galiza en recibilos e en levar esta petición ao pleno municipal.