“Resultados excelentes” da pasada edición de Noites Abertas

76

O Pazo da Cultura acolle esta tarde, a partir das 19.00 horas, unha reunión das asociacións e colectivos participantes en Noites Abertas para facer unha avaliación da programación deste ano. O concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez explicou esta mañá que “todos os datos son excelentes, e nalgúns casos absolutamente positivos”.
E esta conclusión a pesar de que “cada vez facemos máis con menos” dado que o custe por participante descende ano a ano, asegurou Demetrio Gómez quen tamén destacou que está a diminuir o público entre 26 e 30 anos, pero compénsase cun grande incremento das franxas de idade máis nova. “Esto quere dicir que estamos ante unha renovación xeneracional, o que nos ratifica en que Noites Abertas está consolidado como unha forma alternativa de lecer”, subliñou.
Tamén resaltou Demetrio que o 80% dos participantes en Noites Abertas acuden ás actividades co obxectivo de entreterse e de coñecer xente.
Como non todo vai ser bo, a organización de Noites Abertas púxose deberese para a vindeira edición en función do resultado das enquisas realizadas cos participantes: formar aos monitores en estratexias para dirixir os seus coñecementos a un grupo; abrir o deseño da imaxe de Noites Abertas á cidadanía; e dar un salto a outras redes sociais como Instragram (entre outras), con carácter participativo.
Demetrio Gómez concluíu que desta edición, a organización está especialmente orgullosa do deseño participativo da festa final de Noites, así como da acción integradora das actividades, facendo que non haxa só actividades para mozos ou para mozas, senón que todos participaron de todo.
Tamén felicitou aos monitores polo esforzo feito para usar o galego en todas as actividades.

Ver documento PDF