O luns, asfaltado de José Casal, e o martes da rotonda de Uxío Novoneira

57

O Concello de Pontevedra continúa a vindeira semana coa campaña de asfaltados iniciada esta semana polo barrio da Parda. Agora os traballos trasladaranse ao centro da cidade.
As rúas José Casal, Eduardo Pondal, ou Uxío Novoneira serán obxecto destes traballos de mantemento e conservación do firme que se vai deteriorando co paso do tempo, especialmente coas copiosas chuvias dos últimos invernos. Os traballos, na maior parte dos casos, non comprenden a pavimentación total das rúas, senón aqueles treitos máis deteriorados, evitando, deste xeito, gastos innecesarios.
O asfaltado de José Casal comezará ás 09.30 horas da mañá do luns, 16 de xuño. Tratarase toda a rúa polo que será preciso pechala, aínda que se garante o paso a garaxes e servizos, así como a carga e descarga dos establecementos da rúa, con pasos alternativos.
Con este peche, o acceso ao segundo treito da rúa Virxe do Camiño farase pola rúa Mariscal Pardo de Cela que permitirá acceder á Virxe do Camiño, tanto en dirección Sagasta como Eduardo Pondal.
Está previsto este peche durante toda a xornada.

Eduardo Pondal
Para o martes, 17 de xuño, está previsto o asfaltado de parte da rotonda de Eduardo Pondal con Uxío Novoneira no tramo comprendido entre o semáforo de Eduardo Pondal (dirección avd. da Estación) e o entronque con Xermán Adrio.
Estará aberto ao tráfico o carril de circulación de Eduardo Pondal cara o centro da cidade, ben por Uxío Novoneira ou ben por Eduardo Pondal cara a praza de Galicia.
Sen embargo estará prohibido o acceso dende a praza de Galicia cara Eduardo Pondal, e tamén estará pechada ao tráfico a rúa Xermán Adrio.
O plan de tráfico para todos os conductores que desexen achegarse á zona das estacións será a través de Doce de Novembro e Eduardo Pondal, ou ben por Fernández Ladreda. Todos os vehículos que se acheguen dende a praza de Galicia, serán desviados por Alcalde Hevia cara Fernández Ladreda.
Ambos asfaltados comezarán as 09.30 horas e durarán un día cada un.