A Concellería de Deportes enxalza os últimos éxitos do club Escola Hungaresa de Esgrima

63

Dar valor aos últimos éxitos deportivos do club Escola Hungaresa de Esgrima e visibilidade a unha disciplina que cada vez cobra máis pulo en Pontevedra foi o obxectivo da recepción que o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, ofreceu hoxe ao equipo de novos tiradores que participou nos recentes campionatos de España.

Os deportistas das categorías alevín e infantil mereceron as felicitacións do responsable municipal, que se interesou polos detalles das recentes competicións nas que Pablo González converteuse en campión de España alevín. Acudiron tamén os rapaces do equipo infantil, encabezados por Paulo Castro, subcampión de España da categoría, xunto co seu irmán Luis Castro e Chema Carrera.

O adestrador, Adrián Cubela, explicou os detalles das competicións e amosou a súa satisfacción por unha temporada na que o club pontevedrés pecha con estes dous títulos nacionais, que se xuntan ao terceiro posto de Natalia Fernández na proba de ranking, o que lle deu acceso ao Europeo, e os dous ouros (masculino e feminino), xunto cunha prata e tres bronces no Campionato galego.

O club Escola Hungaresa conta actualmente con 80 fichas e continúa cunha progresión que, segundo o responsable municipal de Deportes, continuará durante os próximos anos con novos e máis significados trunfos.